Afeitado del día: 18/05/2020
Pre: Ducha – Emulsión Myrsol
Brocha: Semogue SOC Mestura
Jabón: Wickham Nazareno Note
Navaja: Filarmónica Novodur 14
Post: Loción Épsilon Mediterraneo y bálsamo Korres

Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde eu me criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.
Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!
¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar;
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quén puidera non deixar!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, moi lonxe
Cada badalada e un dor
Voume soio, sin animo
Miña terra, adios, adios.
¡Adiós tamén, queridiña…
Adiós por sempre quizáis!…
Dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soeda…
tantas légoas mar adentro…
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Rosalía de Castro
Onte, día 17 de maio foi o dïa das Letras Galegas, un idioma que cada vez fala menos xente, que esta morrendo pouco a pouco, mais ben estanno matando os propios galegos que se negan a falalo, que non llo transmiten aos seus fillos como meus país e meus avos mo transmitiron a min de maneira oral, falando, vivindo, sentindo, como se fai con calquer otro idioma.
Moitos, a maioria neganse a falalo, por consideralo un idioma da aldea, rústico, rural, pouco urbano, que non sirve para nada. Outros asocian o falar galego con tendencias políticas, con nacionalismos, pero poucos se dan contan que seus país, seus avos, e seu bisavos e todos os seus antepasados, medraron nese idioma, que foi o idioma natal da inmensa maioria de Galicia con independencia da sua tendencia política.
Eu nunca estudie galego, na miña época estaba prohibido precisamente por un gallego de El Ferrol, pero gracias a que mo falaban na casa, que o falaba cos meus amigos, que o falaba cos meus veciños e como o aprendín. E triste pero vai morrer pero mentras eu viva estará vivo, pois se morre unha lingoa morre a cultura ligada a ela.
